Mesa de Prezos. Coello

<<

Febreiro 2012

>>
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829
Data seleccionada:20-02-2012

MESA DE PREZOS DO COELLO
EUROS
NOVO Kg. Diferencia
NOVO 1.59 0,00 €
COMENTARIO
Os datos dos mercados internacionais indícannos estabilidade no mercado italiano (onte Módena repetiu cotización entre un mínimo de 1,750 e un máximo de 1,790, e en Verona o día 17 tamén repetiu, neste caso entre 1,690 e 1,750) e unha suba significativa no mercado de Rungis, que é a referencia das canais en Francia, xa que o día 20 cotizou entre 3,800 e 4,400 (+0,300). En canto ao prezo do vivo da F.I.A. do día 13, 1,786 €/kg, supón un moi lixeiro descenso (-0,007) sobre a cotización do día 6. Tendo en conta o incremento do mercado das canais, é moi probable que a última modificación, da que aínda non dispoñemos, teña signo positivo.

O mercado español pola súa parte, mellorou as súas cifras, xa que grazas ás ofertas dalgunhas empresas da GD, e a que algún matadoiro decidiu conxelar algunha importante partida para limpar o mercado do fresco conseguiuse rebaixar a cifra de stocks acumulados, pero non tanto como cantaba a plantilla, xa que esta semana por un retraso no envío do inquérito o matadoiro que conta con máis stocks non contestou ao inquérito, polo que este nesta semana non reflicte a realidade, senón unha situación mellor cá verdadeira. Debido á teórica visión de melloría o sector produtor solicitaba un incremento dos prezos, pero os matadoiros aclararon que aínda co fallo de información a plantilla daba descenso, e que poñéndose na realidade era de todo punto inoperativo pretender unha suba a final de mes coa situación de mercado que aínda había, xa que se ben tiña mellorado, había aínda un lastre pesado que impedía un despegue cando asemade estabamos a fin de mes. Unha parte da produción coincidía nesta apreciación cos matadoiros, considerando que era mellor agardar á semana que vén para fixar a suba e que esta fora moito máis grande. Finalmente o conxunto do sector aceptou unha nova repetición, adiantando a discusión, que sen dúbida se volverá producir este venres 24, sobre a contía da subida, pois mentres os produtores unanimemente solicitaban 30 cts, os matadoiros non estaban dispostos a pasar de 25, aínda que matizaban que en función de como respondese o mercado poderíase mover ou non de novo a cotización a semana 11. En definitiva as espadas seguen en alto para a próxima sesión, pero o que é seguro é que vai haber unha suba importante.

A razón da suba para este próximo mes de marzo vén dada polo incremento da procura que se produce nese mes grazas sobre todo ao tirón da zona levantina.Segundo os datos do MAAMA (Mº de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente), no mes de marzo de 2011 sacrificáronse 6.527 miles de coellos, cando a media de xaneiro-novembro foi de 4.873, é dicir, prodúcese un incremento de case o 34% no nº de coellos sacrificados, e do 36,5 % nas t producidas. Agardemos que a agudización da crise económica que estamos a padecer non repercuta negativamente no consumo e se manteña a tradición.